martes, mayo 21, 2013

CONGRESO LOCAL NO PP DE BEGONTE

O Congreso local do PP de Begonte celebrarase na casa da cultura o sábado día 1 de xuño, un Congreso local no que o actual rexedor, José Ulla, será elixido presidente dos populares neste Concello. Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, José Ulla foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense polo que será o elixido a presidir o partido neste municipio chairego. Natural de Begonte, José Ulla Rocha, naceu o 12 de xuño de 1970. Está casado e ten un fillo. Veterinario de profesión, ten dedicación parcial que compaxina coa tarefa de alcalde. Como experiencia política destacan os oito anos como tenente de alcalde no goberno de Pena Rábade, catro anos como voceiro na oposición en dito concello e, dende fai dous anos, e ata a actualidade, é rexedor do concello begontino. O Congreso local do PP de Begonte é a oitava cita a nivel local que conmemorará o PP de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial.

No hay comentarios: