lunes, mayo 20, 2013

CONGRESO LOCAL DO PP DE CASTRO DE REI

O Congreso local do PP de Castro de Rei celebrarase no restaurante Ría Lea, o venres día 31 de maio, un Congreso local no que o actual rexedor, Francisco Balado será elixido presidente dos populares neste Concello. Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, Francisco Balado foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense. Francisco Balado e natural de Castro de Rei, naceu o 29 de maio de 1974. Está solteiro e é avogado de profesión, tarefa que compaxina coa de rexedor. No tocante a súa experiencia política, foi voceiro local dende 2007 e dende as pasadas eleccións municipais é rexedor. Tamén é deputado provincial. O Congreso local do PP de Castro de Rei é a séptima cita a nivel local que conmemorará o PP de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como presidente lucense.

No hay comentarios: