jueves, mayo 16, 2013

CIBER SABOTAXE O PP LOCAL DE PONTEVEDRA

A web do PP local de Pontevedra foi obxecto dun ciberataque por parte dalgún hacker baixo a denominación de Anonymous #OpDesahucios. Fíxoo incluíndo unha imaxe claramente referida a este colectivo que daba paso a un vídeo en youtube crítico coas políticas do goberno de España e as políticas económicas desenvolvidas en Occidente nos últimos anos. Introduciron tamén na sección de noticias da web un texto, moi semellante ao narrado no vídeo, que fai especial fincapé no tema dos desafiuzamentos. O hacker utilizou rutas de conexión aleatorias para impedir que se localizase a orixe do ataque. O PP de Pontevedra xa adoptou medidas para evitar que o ciberataque volva a producirse. Non obstante, Jacobo Moreira, quixo transmitir unha demanda aos responsables da sabotaxe para que cesen neste tipo de accións e permitan que a web siga funcionando con total normalidade.

No hay comentarios: