martes, mayo 28, 2013

A XESTORA DO PP DE NAVIA DE SUARNA DA PASO A UNHA XUNTA LOCAL

Os afiliados do PP de Navia de Suarna, nomearon esta fin de semana a Antonio Fernández Fernández, presidente da agrupación local do PP neste concello da montaña lucense. Esta decisión adoptouse nun congreso local no que estiveron José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, así coma outros cargos públicos electos do PP na zona. Fai un ano Antonio Fernández fíxose cargo da xestora local do PP e co congreso ccede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. Natural de Navia de Suarna, Antonio Fernández naceu o 29 de abril de 1975. Está casado e ten un fillo. É Funcionario e Autónomo. Rexenta as empresas: Código Red e Ancaria. Está afiliado ao PP dende o ano 1997. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido. A lista liderada por Antonio Fernández consta dos seguintes integrantes: Manuel Vázquez Crespo (foi o cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais), Jesús María Fernández López (foi o cabeza de lista no ano 2007 e é o voceiro) Silvia López Fernández, Fidel Arias Fernández, Vicente Flores González (foi rexedor e presidente do partido local durante varios anos), Manuel Álvarez Viguin, Faustino Pérez Gómez, Camilo Gómez Moreira, Manuel López Fernández e Lorena Álvarez Mallo.

No hay comentarios: