lunes, abril 22, 2013

UN EXPERTO EN COACH NO PPOU

Esta fin de semana o PP de Ourense celebro unha xornada de traballo sobre: grupos de traballo e equipos de alto rendemento: a importancia do establecemento de metas retadoras e a comunicación efectiva en tempo e forma, que estivo dirixida sobre todo a portavoces e concelleiros populares. Esta actividade foi unha máis das que desenvolve o PPOU ao longo do ano para reciclar e aportar coñecementos que contribúan a mellorar as actividades levadas a cabo polos populares. Na presentación desta xornada estivo Manuel Baltar; o responsable de Formación do PPOU, César Blanco; o responsable do Comité de Portavoces Populares na Oposición, José Sampayo; e o relator da xornada de formación, Manuel Rivero Pérez.Rivero Pérez, que actualmente traballa como coach profesional, é licenciado en Socioloxía, Antropoloxía e en Ciencias Políticas. Formouse en Management, Liderazgo, Finanzas e Economía no Instituto de Estudios Financiero, Instituto de Empresa e Instituto de Estudios Superiores Europeos (IESE). É autor de tres libros de liderazgo e autodesenvolvemento: "De Roncesvalles a Compostela: un recorrido por valores, recursos, habilidades y actitudes", "Las claves del autodesarrollo, del desempeño eficaz y del liderazgo" e "El ilímite del potencial humano", este libro en colaboración con Iago Santalla.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bien, a ver que nos cuenta de esto:

Salvados: "En la Diputación de Ourense han llegado a trabajar 1.000personas"

http://www.periodistadigital.tv/salvados-en-la-diputacion-de-ourense-han-llegado-a-trabajar-1000-personas-video_86faf7e96.html