martes, abril 16, 2013

MEXICO COAS PORTAS ABERTAS

Feijóo mantivo en Mexico un encontro con algúns dos principais emprendedores dese pais, cos que explorou posibles vías de intercambio económico e que lle manifestaron o seu interese en contar con Galicia como socio prioritario de cara ao futuro. Na reunión, á que tamén asistiu por parte da Xunta Francisco Conde, Feijóo tivo a oportunidade de avaliar fórmulas de cooperación con algúns dos principais empresarios do país mexicano, encabezados polo presidente do Consello Empresarial Mexicano de Comercio Exterior, Inversión e Tecnoloxía , Vicente Díez Morodo. Ademais, tamén participaron no encontro, entre outros, Lino De Prado, presidente do Consello de Administración de Inditex-México; Andrés Conesa, director xeral de Aeroméxico; José Andrés Oteyza, presidente OHL México; Luis Vázquez, grupo DIAVAZ; Víctor Gavito, director xeral de ALPURA. Durante o tempo en que se prolongaron as conversas, coincidiron en que cómpre seguir reforzando a relación de mutua confianza establecida nos últimos anos entre Galicia e México.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que morenazo nos gastamos, las reuniones seran con caipiriña y al sol.