miércoles, abril 24, 2013

CONGRESOS LOCAIS EN FOZ E MONDOÑEDO

A casa da cultura de Foz e a casa da xuventude de Mondoñedo acollerán o vindeiro 10 e 11 de maio, respectivamente, os congresos locais do PP. Rematado o prazo para presentarse á Presidencia, Javier Jorge Castiñeira e Elena Candia aspiran a seguir liderando á formación política local co respaldo do conclave que terá lugar en Foz o venres día 10 de maio, as 20:30 horas, na Casa da Cultura e en Mondoñedo, o sábado día 11 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude. Ademáis da elección da nova executiva, onde o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección, establecerase a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos. Os Congresos de Foz e Mondoñedo son a terceira e cuarta cita a nivel local convocada polo Partido Popular de Lugo logo da celebración do de Portomarín e Ribadeo que encabezan estes conclaves.

No hay comentarios: