miércoles, abril 17, 2013

CONGRESO DO PP DE PORTOMARIN

O venres día 3 de maio, na casa da cultura de Portomarín, celebrase o Congreso local do PP no que o actual rexedor, Juan Serrano será elexido presidente dos populares neste Concello. Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, Juan Serrano foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense. O Congreso local do PP de Portomarín é a primeira cita a nivel local que conmemorará o Partido Popular de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como presidente lucense. Os populares de lugo teñen previsto convocar novos congresos locais en distintos puntos da provincia e desenvolver un amplo proceso de renovación e elección democrática nun importante número das súas formacións locais.

No hay comentarios: