jueves, abril 25, 2013

BALTAR MIMA OS DISTRITOS DO PPOU

A sede provincial do PP de Ourense acolleu onte unha reunión entre os presidentes dos cinco distritos da cidade e Manuel Baltar, así como tamén o secretario provincial e responsable da Xunta Local, Rosendo Fernández. Neste encontro, Manuel Baltar puxo de manifesto a necesidade de reorganizar os cinco distritos nos que o PPOU delimita a cidade, co fin de acadar unha maior e máis efectiva cercanía con tódolos veciños e veciñas de Ourense. Asimesmo, destacou o importante labor que desempeñan os presidentes de distrito, Miguel Abad Vila, distrito 1; Francisco Javier Rodríguez Nóvoa, distrito 2; Aurelio Gómez Villar, distrito 3; Jorge Pumar Tesouro, distrito 4; e José Araújo Fernández, distrito 5, que non puido asistir, e foi sustituido por Bernardino González, pois son canles fundamentais para trasladar os requerimentos, necesidades, suxerencias e reclamacións dos veciños e veciñas de tódolos barrios da cidade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Fuera Diputas.

Anónimo dijo...

Baltar solo se mima a el los demás le importan tres carallos lo dejo bien claro en el programa de Salvados el otro domingo.