miércoles, abril 17, 2013

AS COMISIONES DO PPdeG XA ESTAN FORMADAS

Os 13 coordinadores sectoriais das comisións do PP de Galicia se reuniron onte e formalmente quedaron constituídas no seo do partido as comisión sectoriais que aportarán ao PPdeG as ideas e a opinión da xente da rúa. Tras o Congreso celebrado en Lugo o pasado mes de xaneiro, o partido artellou a súa organización interna a través dos coordinadores sectoriais, encargados de xestionar as comisións que abordarán os temas que máis preocupan aos cidadáns. As comisións teñen que estar coordinadas cos gabinetes das consellerías, o que axudará a trasladar mensaxes unívocos nas distintas materias: Cultura, Mar, Medio Rural, Xuventude, Emprego, Economía, Políticas Sociais, Novas Tecnoloxías, Formación e Territorio. Por outra banda as comisións sectoriais buscarán ideas e propostas entre os cidadáns para levalas á xestión diaria do partido. Para os populares galegos, as comisións deben ser viveiros de ideas para a Xunta e para o Grupo Popular e deben cristalizar nos vindeiros programas electorais. Non só se recollerán ideas que aporten os afiliados senón de calquera persoa que pretenda sumar as súas aportacións ao proxecto político dos populares. Ademais, as comisións contarán con entre sete e dez persoas de distintos ámbitos profesionais e da sociedade, sen afiliación política, que colaboren coas súas propostas e ideas. Para acadar ese obxectivo o primeiro é elaborar un plan de traballo concreto, que recolla o programa de actuación detallado dos membros da comisión. Este plan de traballo debe conter obxectivos xerais da comisión sectorial, subcomisións ou grupos de traballo dentro da comisión, obxectivos concretos deses grupos e un cronograma onde se establecerá a periodicidade das reunións das comisións, que non será superior aos dous meses, así como os métodos de traballo concretos previstos. Este plan de traballo debería estar preparado nun prazo máximo de mes e medio, o que leva ao 31 de maio como data límite.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

TIRALIÑAS

Más comisiones inútiles.
Los gabinetes tienen información suficiente de las necesidades reales, bueno, algunos porque otros son agencias periodísticas que solo se encargan de lanzas cortinas de humo.
Esos coordinadores pueden realizar un gran trabajo si se quedan en casa porque jamás presentarán as necesidades reales de la gente.
La mayoría de esos coordinadores atenderán a las consignas y punto.
¿Viveros de ideas? En el PP las ideas no sirven ni son tenidas en cuenta, el menos en A Coruña, donde milito.
Hastío es lo que provocan todas estas patrañas de nuestros grandes "generales".

Anónimo dijo...

TIRALIÑAS

Más comisiones inútiles.
Los gabinetes tienen información suficiente de las necesidades reales, bueno, algunos porque otros son agencias periodísticas que solo se encargan de lanzas cortinas de humo.
Esos coordinadores pueden realizar un gran trabajo si se quedan en casa porque jamás presentarán as necesidades reales de la gente.
La mayoría de esos coordinadores atenderán a las consignas y punto.
¿Viveros de ideas? En el PP las ideas no sirven ni son tenidas en cuenta, el menos en A Coruña, donde milito.
Hastío es lo que provocan todas estas patrañas de nuestros grandes "generales".

Anónimo dijo...

¿Algún nombre conocido?

Anónimo dijo...

Los nombres son los de siempre. Que creo q son los que los van a votar en las proximas, jajaja la ostia que se va a pegar este partido reducido a la minima expresion desgobernado por zanganos es inversamente proporcional a la subida de los ultimos 3 años.

Anónimo dijo...

¿Quiénes van a formar parte de estas comisiones? porque se escuchan algunos nombres...
¿Alguien sabe algo?

Anónimo dijo...

Dende logo, no PP da provincia da Coruña nunca nos gustou menos unha executiva provincial que esta. E que non parece nin galega, parece que estamos nun distrito de Chamberí, isto desmoviliza a calquera.
Queremos volver ser o partido galeguista de sempre.