jueves, enero 19, 2012

OFRENDA FLORAL EN VILALBA

Onte celebrouse unha ofrenda floral na sede da Fundación Manuel Fraga, en Vilalba. Ali, Feijóo, acompañado de Charo Fraga e Pedro Puy Fraga, afirmou que “A fermosa historia de amor que don Manuel mantivo con Galicia será un testemuño perenne e axudaranos a cumprir mellor o noso deber como galegos”. Manuel Fraga representa eses valores que non caducan e que son faros, para orientarnos especialmente nos momentos máis difíciles. Feijóo afirmou que don Manuel foi e será un gran faro de Galicia. “O Presidente Fraga fíxonos crer en nós. Espertou o noso orgullo, díxonos que podiamos facer grandes cousas xuntos, falounos de aventuras grandiosas que estaban ao alcance dun pobo decidido. Xamais se resignou diante dos tópicos que nos debuxaban sometidos á resignación e remisos á unidade”. Lembrando que Fraga forxa un galeguismo novo, feito de afecto, aberto a todos e propenso á acción. “Con el deixamos a queixa e iniciamos un traballo colectivo que transforma Galicia por dentro e por fóra. Fai, constrúe, planifica, pero sobre todo é quen de activar potencialidades que permanecían aletargadas na alma galega. Con el descubrimos que somos capaces de lograr todo ou case todo o que nos propoñemos. Velaí unha impagable lección nestes tempos de turbación”. Feijóo animou á Fundación Manuel Fraga, á Fundación Alfredo Brañas e á Fundación Ágora a iniciar, desde hoxe, un traballo intenso e apaixoante para cultivar o legado de don Manuel; para que nunca faleza o seu pensamento, a súa obra, pero sobre todo, a que estean presentes sempre os seus principios e a súa actitude.