lunes, enero 30, 2012

NN.XX. RINDE HOMENAXE A CASTELAO

Novas Xeracións rindeu homenaxe o sabado en Rianxo ao escritor e artista galego, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, precisamente cando se cumpren 126 anos do seu nacemento. O acto, celebrado ante o busto que se erixiu no concello que o viu nacer e ao que asistiron máis de medio centenar de mozos e mozas, contou coa presenza do deputado nacional, Antonio Pérez Ínsua, o senador José Luis Torres Colomer, e a deputada autonómica, Teresa Villaverde, acompañados por Javier Dorado, Juan Francisco López, e Ramón Santos. Na súa intervención, Javier Dorado fixo un recoñecemento especial á figura do escritor e artista galego e asegurou que todos aqueles que traballaron polo noso país desinteresadamente e con vocación pública, como fixeron Castelao e como fixo tamén o recentemente falecido, don Manuel Fraga, sempre serán un exemplo a seguir para Novas Xeracións. Así mesmo, Dorado quixo facer un paralelismo entre dúas figuras tan importantes na historia de Galicia como Castelao e Fraga, e referiuse ao autor galego como o personaxe político, histórico e cultural máis destacado da primeira parte do século XX, mentres que don Manuel o foi na segunda parte da centuria. Por outra banda, recordou que curiosamente o pasado mes de decembro se cumpriron 30 anos da posta en marcha do Estatuto de Autonomía en Galicia e, precisamente Castelao foi o autor do primeiro texto estatutario da comunidade, a pesar de que non chegou a poñerse en funcionamento. Pola súa parte, Ramón Santos afirmou que, coa homenaxe preténdese lembrar a importante contribución deste emblemático escritor á cultura galega, cuxa labor foi determinante para a recuperación da identidade do pobo galego. Tralas intervencións, Santos e Dorado procederon a realizar unha ofrenda floral ante o busto do escritor, mentres os asistentes cantaban o himno galego.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

La juventudes del PP difieren cada vez menos de las juventudes del BNG. Preocupante.

Anónimo dijo...

Tranquilo, fueron a hacer el idiota. A Castelao solo le tienen aprecio los del BNG

Anónimo dijo...

Creo que lo primero es que Santos convoque el Congreso y lo segundo, que Dorado aprenda a hablar gallego,acabe la carrera y ya que estamos, deje de chupar de la Consellería...

Anónimo dijo...

Vaya tonterías se pueden leer por aquí.Castelao es patrimonio de todos los gallegos y como tal,deberíamos estar orgullosos de nuestro patrimonio.Por lo demás,Dorado habla gallego sin ningún problema,ha finalizado su carrera y hace casi un año que no trabaja en la Consellería,yo no sé cuales son vuestras fuentes,pero como mínimo Karmele Marchante o la tropa del Salvame.En fin!

Anónimo dijo...

Manda truco en la Habana, un tío que pertenecía al Frente Popular y ponía verdes a las derechas, van éstos y le hacen un homenaje.Pronto se lo harán a Carrillo, a la Pasionaria....una panda de gili....

Anónimo dijo...

Y Franco patrimonio de todos los gallegos?

Anónimo dijo...

Mentres o presidente antenista cara a unha ofrenda floral a Castelao, xa nos contase Santos a razon algun dia, Onde estaba o seu secretario provincial? Ao estudante do ano xa non se lle ve mais que para protestar. Dourado e Santos sacárono por fin do cargo? Creo que o fin desta xestora ten que ser o antes posible e realizar xa un congreso como deus manda, e un congreso limpo sen a man de Dorado, Juanfran e Negreira.