lunes, enero 23, 2012

NN.XX. RECAUDO 3000 QUILOS DE COMIDA

Novas Xeracións, a través das xuntas locais de diversas localidades galegas, levou a cabo unha recolleita de alimentos que se iniciou o pasado mes de decembro e se prolongou ata a segunda quincena de xaneiro cuns resultados moi satisfactorios. Esta campaña benéfica de Novas Xeracións conseguiu recadar máis de 3.000 quilos de comida que irán destinados a distintos comedores sociais repartidos por toda Galicia. Con respecto a isto, Javier Dorado, indicou que levar a cabo campañas benéficas como a realizada pola formación que preside é unha obriga moral para unha organización xuvenil consciente, como o é Novas Xeracións, dos problemas da sociedade actual, sobre todo, “tendo en conta a difícil situación económica que estamos vivindo e que fai que actos coma este se volvan cruciais”. Nesta liña, Novas Xeracións quere agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que en tempos tan difíciles quixeron arrimar igualmente o ombro e contribuíron á campaña benéfica aportando alimentos para os que máis o necesitan xa que, con ese pequeno gran xesto, conseguiron que a recolleita fose un éxito. De feito, nalgúns concellos galegos Novas Xeracións está estudando a posibilidade de crear un banco de alimentos permanente, para que este tipo de accións teñan lugar durante todo o ano porque, como afirmou Javier Dorado, “como representantes que somos da mocidade actual, temos a responsabilidade de implicarnos de cheo e aportar o noso grao de area na erradicación de lacras como a pobreza”.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Bien hecho. A seguir con iniciativas de este tipo.