lunes, enero 23, 2012

FRAGA E O SEU TEMPO

Días despois do pasamento de D. Manuel Fraga, a conciencia pídeme que faga una reflexión sobre un home extraordinario, que na balanza da Historia de Galicia ten moitísimas máis cousas no seu haber, que no tamén existente debe. Sen deixarme guiar por emocións persoais que puideran viciar esta humilde exposición, Fraga representa un antes e un despois nunha terra, que sen dúbida o seu equipo e máis el entenderon coma poucos. “Galego coma ti”, foi un slogan decisivo, para que o galego tivese claro que quen pretendía rexer os destinos desta bendita terra, non era máis que un servidor público que entendía a súa idiosincrasia dende un punto de vista ás veces excesivamente persoal. Aspirar a desenvolver a Galicia até transformala nunha especie de Baviera ibérica, era unha aspiración lexítima, aínda que a Historia a pode xulgar como desproporcionada, vista dende a perspectiva dos tempos. Os gobernos de Fraga foron apoiados masivamente polos galegos, porque entenderon que aquel home ao que todos chamaban “patrón”, era o axeitado para poñer a Galicia no mapa das realidades e dos dereitos como pobo, que tantos minusvaloraron con anterioridade. Despois de ler estes días innumerables artigos e reportaxes máis ou menos acaídas sobre o nomeado “león de Vilalba”, dáme a sensación de que os que non o coñeceron, falan dende un prexuízo populista dunha figura cuxa dimensión chega máis aló que o xa recorrente anecdotario “fraguiano”. En contra de tanta lenda urbana de indocumentados, Fraga era un ser autoritario cando tiña que selo, e unha persoa que sabía escoitar a todos aqueles aos que os complexos de inferioridade deixaba articular verbas que aportasen ao debate, afastadas dos profesionais do seguidismo vil que algúns practicaban e seguen a practicar. Os seus adversarios sempre tentaron transmitir a imaxe dun goberno popular como se fose a corte de Ricardo III, mais gobernados por Eduardo VIII. A sabia vontade popular, sempre soubo discernir entre o que querían para Galicia, e o que outros quixeran que desexara. Evidentemente o seu pasado de destacado membro do réxime criminal de 18 de xullo, non é un episodio para gabar se non todo o contrario, mais o xusto é recoñecer que durante a súa xestión na Xunta este país modernizouse, e fuxiu de complexos identitarios e lingüísticos que agora observo. Entender a Galicia non é fácil, por iso algúns como Fraga son merecedores de marchar ao outro mundo coa bandeira desta terra cubrindo o seu corpo, e outros non tanto… Queda outro Fraga no Parlamento, que leva por diante o apelido Puy. Agardemos que este “primus inter pares” na capacidade dos membros do PPdeG, teña moito que dicir tamén no futuro desta terra. Ou non?

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Muy bien Cuiña. Gracias por tu saber estar con D.Manuel. Contamos contigo para sumar en el PPdeG.

Anónimo dijo...

Gracias Rafa Cuiña desde el PP de Santiago.

Anónimo dijo...

Agora xa están alá, o Presidente e o seu Conselleiro. E seguramente poñerán en claro algunhas cousas que, tal vez, quedaron pendentes aquí pola terra. Os dous souberon defender a Galicia; os dous souberon loitar por mellorar o seu país; os dous dedicaron o mellor de sí mesmos a traballar arreo por mellorar as condicións dos seus compatriotas. Mágoa que as intoxicacións interesadas os afastaran ún do outro, nos derradeiros tempos do primeiro en marchar. Quédanos unha dúbida que non poderá ser endexamais despexada: o segundo en marchar, se houbera actuado doutra maneira, ¿houbera cambiado o rumbo do país?.

Anónimo dijo...

No estoy de acuerdo en lo de "régimen criminal del 18 de julio". Lo que le antecedió sí que fue auténticamente criminal.
Y no se entiende esa referencia absurda a Pedro Puy Fraga al final, simplemente por su apellido, a no ser que al autor le gusten las dinastías por apellido, o sí?

Anónimo dijo...

No, si el franquismo fue "chachi".......

Anónimo dijo...

Es muy generoso el autor, aún sabiendo lo que Fraga hizo a su padre. Doble agradecimiento a Cuíña jr. Lo tendremos en cuenta.

Anónimo dijo...

Lo que le hizo a su padre, si, que buen chiste. Ya empiezan mentando a la parentela y luego lloran si alguien hace lo mismo. Uno de los defectos de Fraga y que está en su debe es la vista gorda que hizo durante mucho tiempo sobre las segundas actividades de José Cuiña, Cacharro, Baltar y alguno más que dieron lugar a ríos de tinta y comentarios de todo tipo. Todos tienen en común que entraron sin un duro en la política. Sin embargo no salieron precisamente igual, de lo cual se beneficiana hoy sus vástagos.

El de la 1:29 lo clava. El problema, querido amigo, es que para algunos la política es cuestión de dinastías familiares. Se creen con derecho natural a reinar y así nos va a los gallegos. Especialmente a algunos idiotas que están dispuestos a hacer cosas indecentes para ganarse su favor.

Anónimo dijo...

Puy Fraga otro de dinastía. El de la 1.29 sí que lo clava. Cómo os gusta el franquismo todavía a algunos.

Anónimo dijo...

Lógico, somos gallegos, Franco era gallego y muy querido por nuestros padres y abuelos. ¿Es que no conoces la historia o eres una pobre víctima de la LOGSE?

Anónimo dijo...

¿Qué pasa? ?¿Que Baltar vaise ou bótanno? Aclarádeo por favor para que coñezamos as bases.

Anónimo dijo...

Vícheslle a cariña a Baltar.Todo un poema.