viernes, julio 07, 2017

20 AÑOS DEL ASESINATO DE MIGUEL ANGEL BLANCO

O RETORNO DO FALADOIRO

Feijóo retomou dendeo o pasado venres a xira que o levará por distintos concellos este verán para continuar escoitando de primeira man as inquedanzas e propostas da cidadanía. A súa axenda comenzou nos municipios ourensáns de Toén, Cartelle e Arnoia, e xa ten visitas confirmadas para os meses de xullo e agosto.
De igual modo que acontecera o ano pasado, o líder dos populares galegos aproveitará o período estival para percorrer toda a Comunidade recollendo as impresións dos seus veciños. “Queremos seguir demostrando que o presidente é accesible e sensible ás demandas dos seus veciños”, apuntou o coordinador de Organización do PPdeG, Alberto Pazos, e subliñou que “no seu día xa advertimos que os encontros coa cidadanía eran unha iniciativa que trascendía os obxectivos electorais e que queriamos manter o contacto de xeito permanente”.
Así, Pazos quixo ponderar o feito de que Núñez Feijóo vaia volver a poñer o foco no “ti a ti” cos veciños dos pequenos concellos, sen sequera convocar aos medios de comunicación. “Queremos repetir os espírito dos ‘Faladoiros’, que os veciños poidan falar co seu presidente con total liberdade e confianza, que lles expliquen o que necesitan e en que cren que podemos mellorar".

250 MILLONS PARA O APOIO AO CRECEMENTO ECONOMICO E REFORZO DO GASTO SOCIAL

Feijóo deu luz verde a aprobación no Consello da Xunta do anteproxecto de lei de apoio ao crecemento económico e reforzo do gasto social, o que permitirá levar a cabo este ano accións en diversos eidos por un importe de preto de 230 millóns de euros. “Estamos a falar dunha lei que ten un dobre obxectivo: consolidar o crecemento da nosa economía para que Galicia siga medrando con forza, e que iso se traduza en máis e mellor emprego. E reforzar o gasto social, porque a prioridade deste Goberno segue sendo os galegos e o seu benestar”.
Logo de precisar que os preto de 230 millóns que se inclúen na lei son recursos que Galicia vai recibir este ano a maiores do sistema de financiamento autonómico, pola mellora da economía galega e española, que se está a traducir nun incremento da recadación tributaria vencellada ao mercado laboral e ao consumo, Feijóo explicou que esta lei divídese en tres grandes bloques: Suba salarial para os empregados públicos, Reforzo do gasto social e Impulsar o crecemento.

O PP DE LUGO VALORA COMO EXITO SIGNIFICATIVO AS SUAS XUNTANZAS COMARCAIS

O PP de Lugo  destaca, unha vez concluídas todas as reunións convocadas para dar conta do traballo do Grupo provincial para a posta en marcha do Plan Único da Deputación, o éxito “significativo” destas xuntanzas. E é que conseguíu reunir en tan só sete encontros a máis de 500 persoas.  Elena Candia quixo subliñar "que foron reunións moi produtivas, nos que máis que unhas citas convocadas por un Partido, foron sesións de traballo para trasladar á cidadanía as intensas negociacións que tivemos co Goberno provincial. O noso obxectivo non era outro que, se se me permite a expresión, presionar aos socialistas para que ningún dos 67 Concellos quedasen fóra. A realidade é que este Plan é xusto e equitativo. Isto é polo que pelexamos e delo nos sentimos orgullosos”.
O PP de Lugo explicou nun témpo récord este papel decisivo non só aos alcaldes e representantes da mesma nos distintos municipios, senón que foron reunións nas que tamén se contou coa asistencia e participación dos veciños residentes en cada un deles; “cuestión que aínda resulta máis gratificante, pois de nada servirían estes encontros se non nos escoita quen nos ten que escoitar, que é a cidadanía, pois, en última instancia, é a quen nos debemos e por quen nos mobilizamos”.

LA GALLEGUIDAD NO SE PROTEGE CON MUROS

En la entrega de las Medallas Castelao, Feijóo defendio que el Estado autonómico puede y debe ser perfeccionado, pero rechazo explícitamente su liquidación irreflexiva. En su discurso,  apelo a aprovechar la globalización en un tiempo en el que este fenómeno se ve convertido por algunos en el origen de todos los males y el proteccionismo en la solución para todos los problemas. Feijóo, abogao por no caer en un debate sesgado. Reconociendo que no todo es bueno en la globalización, ni en la Unión Europea, ni en la actual España de las autonomías. "La globalización hay que gobernarla. A la Unión Europea hay que darle un nuevo impulso social. La estructura autonómica puede y debe ser perfeccionada".  Eso sí, rechazo el retorno a las fronteras, el decaimiento del proyecto europeo y la "liquidación irreflexiva del Estado autonómico". No en vano,  Galicia en uno de los primeros pueblos globales como respuesta a un aislacionismo impuesto, mostrandose convencido de que resurge cuando se proyecta al exterior.